ARTIGOS/PRENSA I

> Museo para Becerreá > CEIP "San Xoán" de Becerreá
> Charla no CPI "Daniel Monje" de Navia de Suarna
> Viaxe emocional á Porta dos Ancares
> Documentamos os primeiros petroglifos dos Ancares
> Roteiro por Becerreá
> A comarca dos Ancares no Anuario Fol de Veleno
> Necrópole megalítica no concello de Cervantes
> Na II Festa de Involución Educativa
> Petroglifos nos Ancares leoneses
> Adeus ao castro das Aigas
> A Porta de Lugo
> Rematamos a 1ª fase da catalogación dos bens patrimoniais da comarca
> Dolme da Pedra Cobertoira (Becerreá)
> Entrevista en V Televisión: Ancares, o patrimonio en perigo
> Un machado neolítico en Baralla 
> Agresión a unhas mámoas en Becerreá
> Agresión a unhas mámoas en Navia de Suarna 

MUSEO PARA BECERREÁ
No mes de febreiro de 2011, o Ecomuseo de Arxeriz, en O Saviñao, ante a falla de espazo no Museo Provincial de Lugo, ofreceuse para acoller as pezas atopadas nas escavacións arqueolóxicas realizadas dende o ano 2006 nos xacementos paleolíticos do Val de Lemos, Triacastela e Becerreá. O museo, privado, pertence á Fundación Xosé Soto de Fión.
Segundo anunciaron os responsábeis da fundación non existe ningún impedimento legal para custodiar os materiais e mostralos ao público, só é preciso que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago se amosen conformes coa iniciativa. De feito, hai museos, tanto de iniciativa pública como privada, que acollen material arqueolóxico de distintas épocas. Ademais do Museo Provincial, temos o Museo Comarcal da Fonsagrada, creado no ano 1984, que custodia pezas do megalitismo, da cultura castrexa e da romanización; o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba que, ademais de achados doutras épocas, conserva mostras de industrias líticas do Paleolítico atopadas en Vilalba, Guitiriz, Muras, Ourol...
Ademais do museo do Saviñao, no mes de abril de 2011, persoas do futuro Museo Xeolóxico de Quiroga (hoxe xa unha realidade) contactaron con responsábeis de investigación dos xacementos paleolíticos do sur da provincia de Lugo, que coordina a Universidade de Santiago, para tentar expoñer de forma permanente algunhas mostras de material prehistórico atopadas no municipio, entre outros as pezas paleolíticas da parroquia da Ermida.
Segundo os arqueólogos da USC, a iniciativa podería levarse a bo termo se se obtén o permiso da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Se ben é certo (como sinalou o director do proxecto de escavacións, o profesor Fábregas Valcarce) que a musealización dos materiais non poderá ser a curto prazo (hai que esperar a que os investigadores rematen de estudalos), si sería posible seleccionar unha parte das pezas e cedelas aos museos. A respecto disto, o arqueólogo Gonzalo Meijide, da Dirección Xeral do Patrimonio en Lugo, dixo que non existen trabas legais que impidan a súa cesión (La Voz de Galicia do 10 de marzo de 2011).
Visto o anterior, a ninguén se lle escapa que hai concellos interesados en potenciar a oferta turística por medio de iniciativas  que, cada volta, atraen a máis público. Fuxindo de arcaicas patrimonializacións de algo que é de todos, non sería moi normal que o material extraído de Valdavara, por exemplo, fose exposto nunha área xeográfica tan alonxada como poden ser O Saviñao ou Vilalba. Ademais do Paleolítico, no municipio contamos con outras mostras culturais que poden completar o museo: Megalitismo, Cultura Castrexa, Romanización, material etnográfico...
A respecto do anterior, o Partido Popular (PP), o día 22 de setembro presentou un escrito no Pleno do Concello, na parte de Rogos (creo que debera ir como Moción xa que deste xeito non compromete a nada), para a creación dun museo municipal. Aínda que todos os grupos políticos estiveron de acordo, o voceiro do Partido Socialista (PSOE) dixo, e non sen razón, que montar unha instalación destas características é moito máis complexo do que poida parecer (conservación dos materiais, mantemento...). O voceiro do Bloque Nacionalista Galego (BNG) entregou un escrito na liña do que reflicto máis arriba, sinalando o interese doutras entidades de fóra de Becerreá para musealizar os achados do xacemento paleolítico de Valdavara. O mesmo voceiro pediu que ao escrito do PP se lle engadise a participación da Xunta de Galicia (en realidade é a única que ten competencias no tema) xa que no mesmo só figuraba solicitar o apoio da Deputación Provincial.
Se ben é certa a argumentación manifestada polo representante do PSOE, tamén o é que na provincia de Lugo e no resto de Galiza hai concellos que contan con museo propio, e que funcionan e atraen a centos de visitantes. Coido que merece a pena.

CEIP "SAN XOÁN" DE BECERREÁ
A petición da ANPA do CEIP, realicei un pequeno artigo titulado Percorrido histórico polas terras de Becerreá onde falo do vizoso, aínda que descoñecido, patrimonio arqueolóxico, nomeadamente mámoas e castros, esparexido polo municipio.
 

CHARLA NO CPI "DANIEL MONJE" DE NAVIA DE SUARNA
No mes de maio de 2013, invitado polo CPI "Daniel Monje" de Navia de Suarna, tiven a honra de participar cunha charla sobre a riqueza arquelóxica do concello no trimestre adicado aos países celtas e á cultura prehistórica, achegando tamén un artigo na publicación Sendiñela sobre O Megalitismo no concello de Navia de Suarna, editada polo propio centro.
 

VIAXE EMOCIONAL Á PORTA DOS ANCARES
Proposta encamiñada a pór en valor os saberes e os valores tradicionais vencellados ao medio rural. A iniciativa, posta en marcha por algunhas profesoras do CEIP de Becerreá (que contaron coa colaboración de colegas chegados doutras partes de Galiza) e por un bo número de nais e pais de alumnas e alumnos, desenvolveuse durante o mes de xullo de 2013 onde os cativos coñeceron as formas de vida das xentes de Eixibrón, Guilfrei, Armesto e Vilouta e no que os veciños se involucraron activamente achegando todo o seu (enorme) saber. Tamén houbo tempo para retroceder ao máis remoto pasado. Nas covas de Valdavara contaron coa inestimable presenza dos investigadores Manuel Vaquero e Susana Alonso (Susana, filla do descubridor alá polos anos sesenta do pasado século das covas, foi a que impulsou, non sen poucos esforzos, as escavacións), e en Vilouta, o que isto escrebe, tivo o pracer de falar dos enterramentos megalíticos e dos castros que poboan o concello de Becerreá. O interese amosado polos cativos, impresionante, o dos pais e ensinantes, un auténtico exemplo.
 

DOCUMENTAMOS OS PRIMEIROS PETROGLIFOS DOS ANCARES


http://elprogreso.galiciae.com/nova/272835.html?lang=gl

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/09/02/aparece-ancares-novo-petroglifo-cerca-do-piornedo/0003_201309L2C4991.htm 

http://elprogreso.galiciae.com/nova/274167-hallan-petroglifos-puntos-cervantes




ROTEIRO POR BECERREÁ
O día 24 de novembro de 2013, organizado por ADEGA, fixemos un roteiro por Becerreá. Como ocasional cicerone, tiven o pracer de guiar a medio cento de persoas pola Cova dos Mouros, o castro de Vilar de Ousón, aldea do mesmo nome, pola ponte de Cruzul e algún outro lugar. A xente, a maioría de fóra, quedou encantada e co desexo de repetir. 

 

A COMARCA DOS ANCARES NO ANURARIO FOL DE VELENO 
No anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza 2013, Fol de Veleno, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega, escribo un artigo sobre as Tradicións e lendas sobre a morte na comarca dos Ancares. Ademais pódese desfrutar doutros quince traballos achegados por especialistas e investigadores.
 

NECRÓPOLE MEGALÍTICA NO CONCELLO DE CERVANTES



NA II FESTA DE INVOLUCIÓN EDUCATIVA
O domingo, día 7 de setembro de 2014, tivo lugar no castro de Santa María a II festa de involución educativa, organizada pola ANPA do CPI de Cervantes e coa colaboración do CDR Ancares e o Concello de Cervantes. O motivo da celebración desta xornada lúdico-reivindicativa, que vai pola segunda edición, foi para esixir un ensino público de calidade e contra os recortes en educación e polo futuro da Montaña Luguesa.
A ameaza de choiva (e a propia choiva) non desanimou aos participantes, que comezaron a xornada cunha camiñada dende a capital municipal, San Román, ata o castro de Santa María. Xa no idílico entorno, formado polo xácigo castrexo, a igrexa románica e unha paisaxe de fermosura inigualable, encomezaron os actos dentro do restaurado templo coa actuación duns monicreques que correu a cargo de Monicreques e Títeres. Despois do xantar, continou a festa coas actuacións musicais de Son de Cores de Becerreá, Eudomónicas de Lugo e Os Xardoais de Doiras. De seguido, o que isto escribe, tivo a honra de seren invitado para dar unha charla sobre o patrimonio arqueolóxico da comarca.
Dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares queremos agradecer ás organizadoras e aos organizadores, ás veciñas e aos veciños e aos cativos e ás cativas esa impagable teima por loitar para poñer en valor unha comarca esquecida, unha terra, en definitiva, que se nega a morrer.
Iniciativas que sempre contarán coa colaboración do noso colectivo.




PETROGLIFOS NOS ANCARES LEONESES
Hoxe tiven a ledicida de adentrarme en La Tierra de los Amacos, un estupendo blog de Juan Carlos Campos. Na última entrada achega a boa nova da descuberta de sete estacións con petroglifos nos Ancares leoneses, número semellante aos que levamos localizados dende o mes de agosto de 2013 nesta parte da serra, feito que amosa, ao contrario do que se cría ata non hai moito, que nesta zona tamén houbo persoas que dende a Prehisoria insculpían as penedas. 
Así que aí deixo as ligazóns dunhas descubertas que temos á porta da casa.


 

ADEUS AO CASTRO DAS AIGAS (NAVIA DE SUARNA) 


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/01/12/yacimiento-edad-hierro/0003_201401L12C9993.htm?idioma=galego    



 

A PORTA DE LUGO
Non se trata de ningunha das portas de acceso á cidade amurallada de Lugo. Esta atópase na comarca galega dos Ancares. Foi escavada, artificialmente, na rocha. Polo de agora só podemos dicir que non comunica provincias (por iso do nome que pode levar a pensar que é unha "entrada" á provincia de Lugo), nin concellos, nin freguesías... Situada nun lugar moi escarpado, atópase preto dun río. Continuaremos informando.
 

REMATAMOS A 1ª FASE DA CATALOGACIÓN DOS BENS PATRIMONIAIS DA COMARCA
A principios do mes de marzo de 2015, o Colectivo Patrimonio dos Ancares rematamos a primeira fase da catalogacións dos bens da comarca. En total 3 xácigos do Paleolítico; 70 mámoas; 9 grupos de petroglifos; 138 castros; 109 explotacións mineiras, 1 ara, 2 vilas, 1 miliario, 3 tramos de calzadas e varios achádegos soltos de época romana; 28 torres e castelos; e 17 pontes e pontellas.
Estamos a preparar un informe por municipio para enviar aos seis Concellos da comarca, proponéndolle unha serie de actuacións para protexelos e poñelos en valor.

El Progreso

La Voz de Galicia
  
DOLME DA PEDRA COBERTOIRA (BECERREÁ)
O día 25 de agosto de 2015, o noso colectivo dirixiuse por escrito ao Concello de Becerreá para que inclúan no PXOM o dolme de Vilouta ou Pedra Cobertoira. Sorprendeunos que á empresa contratada para facer o catálogo se lle pasara por alto un dos enterramentos megalíticos máis emblemáticos, non só do municipio senón da comarca dos Ancares.  Está situado na parroquia de Vilouta, nas abas da Serra do Pico. A cámara está formada por tres esteos e tampa. A pedra da cabeceira, de 1,30 metros de longo e unha altura de 0,70 metros, é de cuarzo branco, e as laterais, de 1,40 de longo e arredor de 0,90 metros de alto, son de granito de gran groso. A tampa ten un grosor de case un metro e mide case dous na parte máis longa. A entrada está orientada cara o oeste. Apenas se observan restos do túmulo, estragado polos labores agrícolas.

ENTREVISTA EN V TELEVISIÓN: ANCARES, PATRIMONIO EN PERIGO
O día 30 de xuño de 2015, o Colectivo Patrimonio dos Ancares fomos entrevistados nos informativos da noite de V Televisión.



UN MACHADO NEOLÍTICO EN BARALLA

 

La Voz de Galicia

El Progreso


AGRESIÓN A UNHAS MÁMOAS EN BECERREÁ
La Voz de Galicia

AGRESIÓN A UNHAS MÁMOAS EN NAVIA DE SUARNA